Emprendedores

Diego Rodríguez Piñón

Eu son nativo de Fragoso, parroquia de San Román, Concello de Cedeira, provincia da Coruña, España. Meu pai morreu catro días antes de eu nacer. Aínda sendo un neno partín para Cuba; ao despedirme miña mai caeu ó chan desmaiada, e miña avoa dixome: xa non te verei máis. Era o ano 1906. Estiven ó coidado do meu tío Avelino Pazos, quen me tratou como a un fillo. Sufragou os meus gastos. Fun alumno interno varios anos no colexio Santo Tomás. O quebranto financieiro que o meu tío sufreu con motivo do pleito do Diario Español fixo que eu non rematase os estudos comerciais. Como poseo o idioma inglés, fun durante décadas carpeteiro de hoteis, o que os americanos chaman: Room Clerk. Xa conto con moitos anos. A memoria empeza a flaquearme. Afectuosos saúdos a todos.
En tempos do medo a todo, sirva esta carta de Manuel Pazos Freire como homenaxe ós auténticos emprendedores, ós precursores da aldea global.

Link: http://www.diariodeferrol.com

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Politica Local, Traballo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.