Pesar polo pasamento en Barcelona da profesora e filóloga Cedeiresa – Sabela Labraña

Vencellada á Universidade de Barcelona, foi unha das máis activas e entusiastas difusoras do idioma de Galicia en Cataluña.

FRAN P. LORENZO SANTIAGO

SabelaEste sábado coñecíase, con profunda dor e consternación, o pasamento en Barcelona da profesora cedeiresa Sabela Labraña Barrero, doutora en Lingüística, e un dos referentes máis destacados no ensino da lingua galega na Universitat de Barcelona, á que se vencellou no seo do departamento de Estudis Gallecs i Portuguesos, canda o grupo do catedrático Basilio Losada. Tamén foi Labraña un referente nos institutos de secundaria, ámbito no que coordinou o Proxecto Galauda (Ensino da lingua e cultura galegas na Secundaria catalá), iniciativa que posibilitou o acceso ao idioma de Galicia de centos de estudantes cataláns desde o ano 1999, malia que nun primeiro momento fose pensado para a segunda xeración de galegos en Cataluña, fillos das galegas e galegos emigrados a ese país. No marco deste proxecto pedagóxico dirixiu o libro Vencello. Lingua e cultura galegas para estudiantes de fóra de Galicia (2001).

Link: http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/pesar-polo-pasamento-barcelona-da-profesora-filologa-sabela-labrana/idEdicion-2015-12-28/idNoticia-971752/

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Galicia, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s