«Nesta obra facemos un humor sarcástico, irónico e máis bestia do habitual en nós»

joseXunto a Touriñán, hoxe vista Cedeira para ofrecer unha triple función do seu espectáculo teatral «Curtis & Teixeiro».

Hoxe / Auditorio de Cedeira / 18.00, 20.00 e 22.00 horas / entradas en http://www.aine-gal, Regalos Rosa y Librería La Paz (10 euros anticipada e 12 en taquilla).

O actor Federico Pérez ven arrasado no audiovisual galego da man de series como «Padre Casares» e programas como «Era visto» ou «Air Galicia», pero, agora, a súa vis cómica está cosechando aplausos tamén nos escenarios de toda Galicia. Xunto a Xosé Touriñán, protagoniza «Curtis & Teixeiro», unha obra só para adultos que está a colgar o cartel de «Non hai entradas» en tódolos teatros que visita. En Cedeira, de feito, só tiñan programada unha función para hoxe, pero, ante a demanda dos seus fans, ao final ofrecerán tres pases.

-Na obra dan vida a unha parella moi peculiar de investigadores. Que teñen de especial?

-Digamos que teñen unhas prácticas que se saen do común. O mesmo investigan temas escuros relacionados co terrorismo islamista ou o tráfico de drogas que asuntos máis domésticos.

-Por exemplo?

-Pois, por exemplo, cousas como se queres saber se a túa parella chen pon os cornos. Se tes esa sospeita, nós xa te dicimos que si. Que si que chos pon. Porque cando hai sospeita sempre hai cornos.

-E os políticos tampouco se libran da súa lupa, non si?

-Non, claro que non. Os dous protagonistas tamén investigan as páxinas sexuais dos partidos políticos e mesmo algúns asuntos turbios da Igrexa.

-Como calificaría o humor de «Curtis&Teixeiro»?

-Nesta obra facemos un humor sarcástico, irónico e algo máis bestia do habitual en nós. Non é o tipo de humor branco que facemos na tele.

-Como xurdiu a idea de facer a montaxe?

-A idea xurdiu a raíz dos atentados de Charlie Hebdo. Nese momento estábase a falar moito sobre os límites do humor e sobre ata que punto se poden facer chistes de temas delicados. E falando co director naronés José Luis Prieto deste tema, tivemos a idea de facer unha obra cun humor más bestia, na que se falase de cousas que todos pensamos pero que non nos atrevemos a dicir en voz alta.

-Por certo que con Prieto tamén está a percorrer Galicia coa obra «Presidente». Como lles vai?

-Estou encantado porque el é todo un talento, un tipo fantástico. Estreamos en setembro e no mes de abril estaremos en Ferrol.

Link:www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Galicia, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.