A orixe das imaxes das festas do Carme

VirxeMar

Na segunda década do século XX, a parroquia de Santa María de Cedeira vivía convulsionada debido ás tráxicas consecuencias do afondamento de varios botes pesqueiros que encheron de viúvas e orfos este fermoso recuncho da costa galega. O seu cura párroco, unha das persoas máis preocupadas por tal situación, enchía os días tratando de socorrer ás vítimas máis necesitadas e as noites, razoando sobre a mellor maneira de proporcionarlles consolos espirituais.

Deste xeito, un día dirixiuse cara a Santiago de Compostela co obxecto de manter unha conversa co novo imaxineiro, Xosé Rivas Rodríguez, por medio da cal puidera saír o deseño dunha imaxe da patroa da súa freguesía na que se representara a antedita traxedia marítima, ocorrida nas augas abertas do mar Cantábrico durante unha inesperada galerna.

Froito do deseño conxunto entre o crego e o escultor foi a talla, por este último, dunha fermosísima Virxe con Neno, vestida toda de azul rematada cun manto claro, camiñando sobre as ondas bravías do mar para recoller coa súa man dereita a un náufrago ao que acompañaban outros dous; todos eles, vestidos con roupas de augas de liño, impermeabilizadas con aceite de liñaza e cubrindo as súas cabezas con gorros, denominados «suestes», da mesma tea e impermeabilización.

Link: http://www.lavozdegalicia.es 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Pesca, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

2 Responses to A orixe das imaxes das festas do Carme

  1. Fátima Soneira Loureiro di:

    El Párroco que intervino en gran manera en el diseño de la Virgen del Mar de Cedeira, se llamaba Antonio Ma. Castro Prieto. Era mi tio abuelo. Muchas gracias por el artículo.

  2. Angel Vicente Abella Frai'z di:

    A primera Imaxe da Virxe cumpre un se’culo o 15 de Agosto 2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s