Comenzan as catas na busca de restos Castrexos no Campo do Castro- Cedeira

Bateria

A partir desta semana, está previsto que dea comezo a execución de catro catas no Campo de Castro.  A historia sitúa nesta zona, localizada na península do Sarridal, un posible asentamento castrexo.

Os traballos correrán a cargo do equipo de arqueoloxía liderado por Emilio Ramil, e prolongaranse durante sete días. Ramil, xunto a tres auxiliares de arqueoloxía e un dibuxante-topógrafo, encargarase tanto da limpeza da parcela como da realización dunhas catas que poderían chegar ata o chan natural co obxectivo de localizar posibles restos. Tamén está prevista a utilización dun dron, case ao final da intervención, coa fin de elaborar e documentar fotograficamente unha planimetría detallada do lugar. A concelleira de Cultura e Turismode Cedeira, María Xosé Rodríguez Pérez, confía en que a intervención dea os resultados desexados. O Concello espera localizar algún tipo de estrutura que aconselle unha futura intervención arqueolóxica en toda a zona. A idea é crear un conxunto patrimonial a carón do castelo da Concepción.

As Reorutas

A responsable de Cultura e Turismo tamén calificou de “rotundo éxito” as dúas saídas das Xeorutas celebradas durante os días da Semana Santa. Un total de 35 persoas -as mesmas que prazas previstas- visitaron as Praias Negras e tomaron contacto por primeira vez coa ruta chamada Granate. María Xosé Rodríguez adiantou que as saídas voltarán a programación municipal a partir do próximo mes de xuño e que haberá un total de catro, xa que a Granate se incorpora de forma permanente.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s