Unha ducia de locais de Hostalería Cedeireses, participan no primeiro concurso de “Tapas de Pescada (Merluza) da Volanta de Cedeira”

Unha ducia de negocios de hostalería da vila de Cedeira participarán na primeira edición do concurso de Tapas de Merluza da Volanta de Cedeira, unha iniciativa que se fai concidir coa celebración da “1ª Festa da Merluza da Volanta”.

Ambalas dúas citas serán os días 29 e 30 do presente mes de abril. Os locais que confirmaron a súa participación son: Restaurante Brisa, Taberna Praza do Peixe, mesón San Antón, Taberna do Jojó, Mesón A Marieta, Restaurante Vila Vella, Mesón A Ría, A Balandra, Cervecería Rosi, O Mesón, a cafetería do auditorio municipal e O Sálvora.

A organización corre a cargo da Confraría de Pescadores de Cedeira, que conta coa colaboración do Concello cedeirés.

En canto ao certame gastronómico, cabe sinalar que a pescada adquire todo o protagonismo como ingrediente principal. Os consumidores, pola súa banda, terán que probar alomenos un mínimo de cinco tapas para poder emitir a súa opinión con respecto as propostas culinarias presentadas polos establecimentos. Para elo a organización repartirá unhas tarxetas de votación durante esa fin de semana.

Todalas tarxetiñas entrarán nun sorteo para unha cea para dúas persoas no local que resulte ganador do certame. As tapas serviranse ao prezo de 1,5 euros.

Info: Concello de Cedeira

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa da Pescada, Festas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s