Nas primeiras excavacións no Campo do Castro recupéranse anacos de Cerámica Castrexa e Romana, dúas murallas e un foso

A localización dalgúns restos de cerámica en dúas das catro catas previstas confirman non só a existencia no Campo de Castro de Cedeira dun asentamento castrexo senon tamén doutro posterior de orixe romana. Así o reflicten os resultados da primeira semana dos traballos de arqueoloxía desenvolvidos polo Concello de Cedeira na zona, nos que tamén se acharon dúas murallas defensivas e un foso.

Pequenos anacos de utensilios de usos doméstico -vasixas e outros recipientes- son a certificación da existencia dunha poboación castrexa asentada neste espazo costero da península do Sarridal, mentras que o descubrimento de “terra sigillata” (terra selada, característica as excavacións romanas) e a posterior localización dun único fragmento de cerámica romana veñen a confirmar que, ao igual do que sucede na maioría dos castros, neste de Cedeira tamén houbo un cambio de era coa colonización do lugar por parte do imperio romano. Este descubrimento, segundo o arqueólogo e director do proxecto, Emilio Ramil, é moi relevante, xa que do mesmo se desprende que esta nova civilización trouxo, ademais da súa cultura, as súas actividades económicas, incluída a comercial.

Interesante tamén é o descubrimento das dúas murallas defensivas e do foso que arrodea o castro, unhas construcións que aparentemente se atopan en boas condicións e que deben seguir aportando, segundo Ramil, “moita máis información da que tiñamos inicialmente”. Trátase de murallas feitas en pedra, as mesmas que no seu día serviron para manter a salvo de posibles invasións á poboación castrexa asentada neste punto do territorio cedeirés.

Os traballos proseguirán algúns días máis. Un equipo de cinco persoas -un arqueólogo, tres auxiliares arqueólogos e un debuxante/topógrafo- ocúpanse desta primeira toma de contacto cun terreo que o goberno municipal pretende poñer en valor para posteriormente incorporar ao conxunto patrimonial que se quere crear na contorna do castelo da Concepción.
Os restos de cerámica foron localizados na cata realizada no acceso de baixada á praia Sonreiras, unha zona moi afectada pola intervención realizada hai 15 anos pola Demarcación de Costas para mellorar os accesos ao areal.

Link: Concello de Cedeira

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s