O Goberno Cedeirés valora o primeiro Aniversario da posta en funcionamento do Portal de Transpariencia

Alcalde03“Cando chegamos ao goberno o Concello non cumpría a Lei de Transparencia.

A pouca información que se poñía a disposición dos veciños non estaba actualizada, e a transparencia parecía máis unha molestia que un principio político. Prometimos claridade ao chegar ao goberno, e estamos cumprindo”.

Así resumía o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, o primeiro ano desde a posta en funcionamento do portal de transparencia municipal (http://www.portaltransparenciacedeira.gal), unha iniciativa do equipo de goberno co fin de trasladar á veciñanza a información máis relevante sobre a actividade municipal.

Moreda explicou a complexidade do proceso sinalando que “é moita a información que se tivo que incorporar, posto que case partíamos da nada. Incorporamos toda a información sobre o funcionamento interno e político do Concello, que non se tiña máis que algún enlace a algunha publicación do Boletín Oficial da Provincia (BOP)”.

Agora, segundo o alcalde, as informacións relativas as subvencións e convenios están a disposición dos usuarios e moitos dos expedientes aprobados polo pleno poden ser consultados para facer alegacións ou propostas. Orzamentos, periodo medio de pago, informes de intervención, procesos de contratación de obras e servizos son outros dos moitos datos que ofrece o portal “á hora de poñer a administración ao alcance dos cidadans”, reiterou o alcalde.

O goberno de Cedeira entende que “o dereito de acceso á información dos veciños debe ser unha liña principal da nosa xestión e non unha simple obriga legal, por iso mantemos e redobramos o noso compromiso coa transparencia e seguimos traballando e mellorando na claridade da nosa xestión”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s