Cedeira lembrará o domingo día 30, áos veciños represaliados polo Réxime Franquista

RepuUn ano máis Cedeira honrará aos veciños e, por extensión, a todas persoas represaliadas pola ditadura franquista cun acto que terá lugar o próximo domingo na praza da Revolta. A cita será ás 12.30 horas e desde a organización, que corre a cargo da Asociación Memoria Histórica Democrática e do Concello cedeirés, invítase ao conxunto da poboación local e á veciñanza da comarca en xeral a participar nun acto de homenaxe e lembranza ás persoas que foron especialmente castigadas pola ditadura.

Este ano, ademais, está prevista a colocación dunha segunda placa no monolito no que xa se honra aos presos do campo de concentración que houbo na vila durante a Guerra Civil. Tratarase así de lembrar de xeito especial aos veciños de Cedeira que sufriron en primeira persoa a represión franquista.

Foi deseñado polo debuxante Siro López, mentres que a realización é obra do escultor Manuel Ferreiro, da Coruña.

O acto dará comezo precisamente co descubrimento desta nova laminiña feita en bronce. A continuación terán lugar as intervencións, entre elas a do alcalde, Pablo Moreda; e a interpretación da alborada local, que leva por título Abrente en Cordobelas, a cargo dun gaiteiro.
Tanto o equipo de goberno (PSOE, BNG e Anova) como a formación política Cedeira pola Esquerda apoian a celebración do acto.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s