«Aquí cóidase moi ben o peixe, os cartos gáñanse cando se vende, non cando se colle»

Edu

Imaxe: José Pardo

É un dos tres artífices do Museo Mares de Cedeira

Ana F. Cuba

Naceu «no medio da praia», seu pai era patrón de pesca, igual que dous dos irmáns, pero aos 13 anos empezou a traballar de repartidor da tenda dos Barcias, no seu barrio dos Catro Camiños, e non empezou a andar ao mar ata os 20, estando na mili, para desgusto de súa nai, que o prefería en terra. «E xa me namorei do mar», lembra Eduardo González Villarnovo, Eduardo do Mimo (en alusión a seu pai), de 65 anos, armador xubilado -aínda que segue formando parte da sociedade Mimo Villarnovo, con dous dos seus irmáns- e un dos tres artífices do Museo Mares de Cedeira.

«Aquí non se andaba á volanta, veu nos anos 60, era un arte de fío de nailon e para que foran ao fondo as cordas, en vez de chumbadas, levaba pedras, e arriba bolas de cristal. ¡Era unha calamidade andar con iso ao mar! O primeiro barco foi de Tono de Canaílle (…). Foi unha sorte porque comezouse a comercializar a merluza, que era a que tiña prezo, e todos os barcos facían volanta, despois xa con cordas de tansa, que non podrecían como as primeiras, de cáñamo; chumbadas que faciamos nós con moldes e bolas de plástico en vez de cristal. Así era moito máis práctico. Agora a corda xa trae o chumbo dentro. Ao primeiro levantábase á man, despois ao lanteón e logo xa coa maquinilla; hoxe hai máquinas para todo», repasa.

Sarrida01Durante 35 anos, Eduardo do Mimo, que logo se fixo patrón, andou á volanta. «É un arte moi selectivo -defende-, non ten descartes, ándase ao día e sempre tes peixe fresco». Naqueles tempos, «de finais dos 60 aos 90, traballouse a tope, viñeron máis barcos e a volanta fixo levantar Cedeira», comenta. Logo viñeron as cotas, que prexudicaron moito a quen, por costume ou pola razón que fora, non sempre cubría o libro coas capturas, referencia para as asignacións europeas; «e o Ministerio de Pesca empeñouse nos desguaces, daba moitos cartos». O sector foi a menos, hoxe segue a loitar coas cotas -«é moi triste ter que deixar de ir ao teu oficio, habendo merluza e cunha arte tan selectiva, a diferenza do arrastre ou do pincho, e ter que ir aos rascos ou ao bonito», sostén- e cústalle atopar man de obra técnica. Este home do mar, campión de España de remo en yolas co equipo veterano do club Cedeira, aposta polos volanteiros: «Aquí cóidase moito o peixe, a xente mentalizouse de que os cartos se gañan cando se vende, non cando se colle».

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa da Pescada, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Museo Mares de Cedeira, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s