Cedeira Lembra aos veciños e veciñas castigados pola dictadura Franquista

Os veciños e veciñas de Cedeira represaliados polo réxime franquista están dende o pasado domingo día 30 de abril, na memoria colectiva da vila coa colocación dunha placa na praza da Revolta, no mesmo monolito no que xa había outra en lembranza das vítimas do campo de concentración que houbo na localidade durante a guerra civil.

O acto, organizado pola Asociación Memoria Histórica Democrática (AMHD) e o Concello cedeirés, reuníu aoredor de cen persoas que, a pesares da choiva e do vento, quixeron estar presentes nun encontro de homenaxe e recordo a aqueles que foron especialmente castigados pola ditadura.

Entre eles atopábase José Antonio Fernández, fillo do alcalde cedeirés fusilado no ano 1936 no castelo de San Felipe Manuel Fernández, que recibiu como recoñecemento público á memoria do seu pai a bandeira galega que ata ese momento estaba a cubrir a placa realizada polo escultor Manuel Ferreiro sobre un deseño de Siro López.

Na parte central da mesma podese ler: “De vendaval a nordeste/do Eixil a Capelada/ unha cantiga inmorrente/ conta que fostes semente/ de xermolou na esperanza”, mentres que a frase “En eterna lembranza das mulleres e homes de Cedeira vítimas do terror franquista. Sen memoria… non hai historia” recorre toda a súa contorna.

É unha laminiña “sentida” e “mericida”, segundo reconoceu na súa intervención Robustiano Labraña (Anova), concelleiro de Educación do goberno cedeirés, que, a continuación, explicou aos alí presentes os tres motivos que diron lugar ao encontro: a conmemoración da República (14 de abril de 1936), a necesidade de recordar ás 700 persoas que estiveron presas no campo de concentración de Cedeira e o agradecemento público aos veciños da vila que “na defensa dos seus ideais loitaron ata perder as súas vidas”.

Enrique Barrera, historiador e membro da Asociación Memoria Histórica Democrática, interveu no acto para sinalar que España é o segundo país do mundo con máis fosas comúns e para pedir que “a xente que loitou ata morrer permaneza no recordo colectivo para que se saiba de onde vimos e onde imos”.

Pola súa banda, María Xosé Rodríguez (BNG), primeira tenente de alcalde de Cedeira, recoñeceu sentirse especialmente orgullosa pola celebración do acto e pola colocación dunha placa para que as vítimas do franquismo teñan un “merecido” recoñocemento dos veciños e tamén das persoas que pasen por aquí”.

José Luis Vergara, exalcalde socialista de Cedeira, tamén quixo falar no encontro para agradecer públicamente a labor que fai a AMHD e para recordar que libertade, progreso e xustiza foron os ideais que “iluminaba o sentir destes mortos”, polo que reivindicou a república como modelo de Estado.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, pechou o acto agradecendo a presenza dos asistentes e tendo un recordo moi sentido ás familias dos represaliados que, a pesar da súa situación, educaron aos seus fillos en valores democráticos.

Unha ofrenda floral e a interpretación á gaita da alborada Abrente en Cordobelas e do himno galego foron os dous últimos actos dun programa moi emotivo.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Efemerides, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Homenaxe Represaliados Cedeira, Politica, Politica Local, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.