O Concello acomete obras de mellora nos pasos de peóns e nas prazas de aparcamento para persoas conmobilidade reducida

Beirarua01.jpg

O Concello de Cedeira está a acometer obras de mellora en pasos de peóns e nas prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida.

O conxunto das intervencións supón un gasto de 13.000 euros e coa realización dos traballos tratarase de ampliar as medidas de seguridade que actualmente existen nos pasos de peóns, renovando as capas de pintura e instalando ata un total de 40 novas sinais nas súas proximidades que advirtan aos condutores da súa presencia sobre a rúa.

En canto ás prazas de mobilidade reducida, a idea do goberno local é ir adaptándoas pouco a pouco á normativa vixente, tanto no relativo ao pintado destes espazos como á necesidade de mellorar o acceso dos usuarios ás beirarrúas. Inicialmente, os traballos limitaranse ao primeiro dos apartados, o pintado.

Estas actuacións, segundo o alcalde, Pablo Moreda, levaranse a cabo no casco urbano, excepto na rúa Zumalacárregui e a avenida Castelao por tratarse de infraestruturas de titularidade provincial e autonómica, respectivamente.

Moreda lembrou que o goberno dispón dun proxecto no que se abordan as necesidades do municipio en materia de seguridade vial.

O alcalde sinalou que as actuacións se irán completando paulativamente.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Seguridade Vial, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s