O Concello buscará no Sector da Hostalería Cedeiresa, a colaboración para Incrementar a reciclaxe dos embases lixieros.

O Concello de Cedeira, está a poñer en funcionamento unha nova campaña entre os establecementos de hostalería e restauración do municipio para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros e participar así activamente na conservación do medio ambiente.

A administración local conta coa colaboración de Ecoembes -empresa encargada de xestionar a recollida selectiva dos envases lixeiros e papel/cartón- para levar a cabo unha iniciativa que consiste na prestación dun servizo de asesoramento para avaliar, xunto a cada local, os recursos necesarios que facilitarían a participación na reciclaxe destes envases.

Os negocios que se sumen á campaña disporán ademais dos medios materiais para depositar os devanditos residuos nos contedores de cor  amarelo.

Todas estas cuestións están recollidas nunha carta que o goberno local fará chegar nos próximos días a todolos locais de hostalería e restauración do municipio.

Na carta, o Concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal,  estima que se enviará arredor de 50, e nela  farase constar que  “xuntos, e grazas ao poder de colaboración de todolos cidadáns, xa temos alcanzado unha taxa de reciclaxe global do 74,8% de envases lixeiros e papel-cartón”.

O sector de hostalería  xoga un papel  fundamental para a correcta separación de recipientes de plástico, briks ou de aceiro e aluminio.

Segundo o balance recentemente publicado, no ano 2015 cada cedeiré  recuperou unha media de 9,9 quilos de envases lixeiros, unha cantidade que se axusta a media  galega  pero que se alonxa da mesma cando se trata dos impropios (o que non é propio do colector amarelo).

Así, en Cedeira representaron un 34,83%, mentres que en Galicia esta porcentaxe estivo no 28,6%.

Esta diferencia supón que Ecoembes paga ao Concello 3.655,26 euros menos do que lle debería corresponder de non haber estes impropios.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s