Os nenos e nenas de Cedeira lembran a Casares cun obradoiro e lectura dun fragmentoda súa obra “As Laranxas máis laranxas de tódalas Laranxas”

A choiva mudou o emprazamento dos actos organizados polo Concello de Cedeira con motivo do Día das Letras Galegas, pero non así os contidos.

Desde hai uns días, un grupo de rapaces viña traballando na elaboración de limóns feitos en papel cuché cos que esta mañá tiñan previsto adornar a vella laranxeira que está a carón do Concello, un acto simbólico e de homenaxe a Carlos Casares, escritor recordado este 17 de maio e autor da obra “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.

O mal tempo fixo necesario trasladar ao salón de plenos do Concello a lectura dun fragmento da peza dramática que Carlos Casares escribiu a principios dos setenta e que se converteu pronto nun clásico do teatro infantil.

Finalmente, algunhas das obras realizadas polos nenos no obradoiro “As laranxas, máis laranxas e outros mundos” tamén puideron ser colgadas na laranxeira situada á entrada do Concello. A ANPA Picapeixe do colexio Nicolás del Río colaborou na organización dunha actividade impartida por Quique Vázquez.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Día das Letras Galegas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s