O Concello de Cedeira contrata outro tractor para reforzar a campaña de desbroce das cunetas

O estado das cunetas afecta a seguridade vial e a conservación dos montes.

Así o entende o Concello de Cedeira que acaba de contratar á empresa de José Manuel Piñeiro López para dispoñer dun terceiro tractor – outros dous xa son de propiedade municipal- para intensificar a limpeza de vexetación nas cunetas e taludes.

O acordo pechouse por un importe de 6.000 euros e os traballos, que xa se están a realizar, segundo asegurou o alcalde, Pablo Moreda, forman parte das campañas de desbroce que a administración local realiza ao longo de todo o ano para garantir unha boa accesibilidade a todas as parroquias do concello.

Así, durante os meses de inverno unha brigada municipal realiza labores de desbroce naqueles camiños públicos non asfaltados e que dan acceso a explotacións gandeiras e pastos, polos que transitan tractores ou maquinaría agrícola.

Ademais estes operarios realizan tarefas de mantemento, repoñendo a sinalización deteriorada, limpando cunetas e realizando canalizacións para evitar que a auga deteriore o firme das pistas.

Pero agora, nos meses anteriores ao verán, é cando a maleza medra tanto que é necesario un reforzo, debido a cantidade de traballo, co fin de mellorar a seguridade vial e evitar posibles incendios forestais.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, O Rural, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s