O alcalde de Cedeira acusa ao portavoz do PP, Luis Rubido de mentir sobre do asunto da escola infantil.

O Alcalde asegura que as declaracións feitas polo representante do PP e anterior alcalde non se axusta á realidade, “xa que no ano 2015 na Xunta non había ningunha partida consignada para a ampliación da escola infantil nin nungún convenio firmado co Concello cedeirés”, unha afirmación que sostén en base aos datos obtidos no seu día do xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade, Roberto Martínez. 

 
Moreda, lembralle ao portavoz do PP  “que xa non dixo a verdade con respecto ao centro de saúde”, considera que este tipo de actitudes o único que fan é poñer de manifesto “o nerviosismo con que agora actúa Rubido como líder da oposición e a incapacidade de xestión que tivo como alcalde”
 
Considera que “é triste e lamentable” que a estas alturas non saiba como funcionan as administracións e o reta a levar o asunto ao pleno para debatilo en profundidade. 
 
Dí que o actual equipo de goberno está seguindo escrupulosamente a folla de ruta imposta pola administración da Xunta e, neste sentido, asegura que despois de ter feito o borrador e supervisado o proxecto por parte dos técnicos do Consorcio agora a realización da obra só está pendente de que se tome un acordo co respecto á financiamento. 
 
Recomendalle ao Sr. Rubido que trate de facer unha oposición responsable, “sen recurrir sempre ás mentiras e sen tratar de coaccionar a uns pais que con seu esforzo queren que o proxecto saía adiante”, en referencia á campaña de recollida de sinaturas que está levando a cabo un grupo de pais. 
 
O Alcalde Moreda asegura que “no mundo da mentira para manipular aos veciños nosoutros non somos como Rubido como tampouco el se pode comparar a nós na dedicación, traballo e proximidade coa veciñanza”.
 
 A intención do goberno é seguir traballando e levar a cabo nun prazo de dous ou tres meses a construción do parque infantil dentro do recinto da escola infantil, apuntou o alcalde
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s