A Concelleira de Infraestructuras e Vivenda, comprométese a eleborar un Proxecto de Intervención das Curvas de landeira, como punto de partida da reforma AC-566 (estrada Cedeira – Ferrol)

“Contentos pero con reticencias”. Así valoraba, o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, a reunión que mantivo coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Esthel Vázquez, a última hora da tarde deste luns.

A primeira tenente de alcalde de Cedeira, María Xosé Rodríguez, e o alcalde de Valdovi­ño, Alberto González, tamén estiveron presentes no encontro, que tiña como obxectivo arrincar un primeiro compromiso da responsable autonómica con respecto a obras de mellora na estrada AC-566, principal vía de comunicación entre as comarcas de Ferrol e Ortegal.

Conqueriuse o obxectivo, e a Xunta dará o primeiro paso para a esperada reforma integral da estrada coa elaboración dun proxecto de intervención para o tramo das curvas de Landeira, que cubre unha distancia de 2,5 quilómetros e cuxo coste de execución está en torno aos catro millóns de euros.

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda, recoñeceu que se trata “dun primeiro paso”, non obstante a falta de concreción con respecto a cuestións coma o tema dos prazos é o que real­mente ensombrece este compromiso.

Así as cousas, Moreda apuntou a necesidade de facer un seguimento dos acordos ou accións que a Xunta adopte, de agora en adiante, para garantir que as intencións pasen a ser unha realidade.

O Alcalde Cedeirés, explicou que a vontade da Xunta ten que dar lugar á realización do proxecto, á dota­ción da partida correspondente e finalmente á consignación da mesma nos orzamentos autonó­micos, polo que “o proxecto se acadará a medio prazo”.

O alcalde de Cedeira, lembrou a importancia que as comunicacións xogan no desenvolvemen­to económico e social dos municipios, como é o caso de Cedeira, e reiterou a urxencia e a nece­sidade da intervención que se leva anos demandando para garantir o futuro da vila, ademáis da seguridade das persoas e condutores que circulan por unha vía chea de curvas e moi transitada.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s