XVI Festa do Deporte Cedeirés – Venres 9 de xuño – 20:00 h

O que fora adestrador da Selección Española de Futbol, (2008-2016), adestrador (1999-2003) e xogador (1968-1984) do Real Madrid, Vicente del Bosque, será este ano o convidado  á  Gala do Deporte, que organiza o Concello de Cedeira como recoñecemento aos seus deportistas

A cita será este venres  día 9 de xuño, no Pavillón Municipal e dará comezo ás oito da tarde.

O acto que será presidido polo alcalde, Pablo Moreda, aportará como principal novidade o nomeamento do xogador de fútbol Juan Rodríguez Martínez, como mellor deportista cedeirés do ano.

Esta distinción é unha iniciativa dos clubs da localidade para recoñecer os éxitos dos deportistas locais fóra de Cedeira.

Na actualidade, Juán Rodríguez,  é xogador do Sporting de Xixón.

O Futbolista, vestiu  tamén a camisola do club cedeirés, do Racing de Ferrol, Arosa e do Somozas.

A este recoñecemento hai que sumar a elección do mellor deportista cedeirés competindo nos clubs locais.

Os finalistas dentro deste apartado son o nadador Manuel Ribeiro, elixido polo Club Natación Cedeira, e os remeiros Raúl López e Marcos Pernas, do club de Remo Cedeira e gañadores da anterior edición da gala.

Tamén haberá distincións especiais para outros deportistas locais e intervencións por parte do invitado e dos homenaxeados.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Gala deporte, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s