Prohibida a presenza de animaís nos areais de Cedeira

O goberno de Cedeira lembra a tódolos veciños e foráneos, que queda prohibida a presenza e paseo de animais de compañía, durante os meses de verán e en horario comprendido entre as 10.00 e as 22.00 horas, nos areais do concello. 

 
A prohibición vai dende  o 1 de xuño ao 30 de setembre, e non se aplicará no caso dos cans de compañía de persoas discapacitadas que acrediten a necesidade da súa axuda, sen prexuízo das responsabilidades do seu propietario acerca dos danos, molestias e riscos que ocasionen ás persoas, cousas ou ao medio en xeral, entre as que hai que incluír as deposicións do animal, tal e como se fai constar desde a Concellería de Medio Ambiente. 
 
Neste sentido, tamén se recorda que o incumprimento de algunha destas cuestións entenderase como infracción e levará aparellado a correspondente sanción.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Natureza, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s