O Concello e a plataforma Amigos dos Ríos (ARCE), organizan para o próximo sábado a limpeza do Río Condomiñas, entre a ponte vella e a ponte de madeira.

 O Concello de Cedeira convida á xente de Cedeira este sábado, día 10, a participar na retirada do lixo e demais elementos contaminantes do río Condomiñas.

É unha actuación promovida pola Concellería de Medio Ambiente e a plataforma Amigos dos Ríos (ARCE).

Ten carácter simbólico e busca crear una concienciación medioambiental, segundo os convocantes.

As inmediacións da estación de bombeo será o punto de encontro para tomar parte unha actividade que dará comezo ás 11.00 horas.

A limpeza farase sen remover ni retirar sedimentos e levarase a cabo entre a ponte vella e a de madeira.

O Concello dispón da correspondente autorización por parte da Demarcación de Costas. Os convocantes buscan a máxima colaboración por parte da poboación local e mesmo tamén da doutros puntos da comarca e informan ademais de que as persoas que desexen participar terán que levar botas e guantes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s