“A Chalana do Nochero”

Foi “historia” de Cedeira
e tamén dun mariñeiro,
o tempo que non perdoa
é un xuíz moi certeiro.

Que vai poñendo no sitio
ás cousas e ás persoas,
para que ninguén se crea
por riba da súa historia.

Non a quero, non a quero
a chalana do Nochero,
xa tivo tempos mellores
e foi Raíña do Mar,
pescando en tódolos mares
dende Baiona ó Ortegal.

Non a quero, non a quero
que é moi mala de amañar,
está toda moi podrida
parece vai reventar.

É un perigo para os nenos
porque poden ir xogar,
e clavar algunhas puntas
nos pés e tamén nas mans.

Por iso precisamente
téñena que sacar,
e levala ó punto limpo
ou plantarlle lume xa.

Esperemos que o Concello
faga o que tén que facer,
limpándonos o Condomiñas
para que sexa un “placer”.

Gelo do Moure de Pei
09/06/2017
Adicada a Xosé Cheda

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s