A GRAMOLA GOMINOLA, presenta “Cancións para Desafinar”, Auditorio Municipal de Cedeira, domingo día 11 de xuño

Data: Domingo, 11 Xuño 2017  ás 20.00 h

Lugar: Auditorio Municipal de Cedeira

A GRAMOLA GOMINOLA XIRAN POR GALICIA PARA PRESENTAR “CANCIÓNS PARA DESAFINAR”, O SEU SEGUNDO TRABALLO.

Sendo unha das bandas referentes na música infantil feita en Galicia, veñen de presentar o seu novo espectáculo e libro-disco de  ED Galaxia, “Cancións para Desafinar”, que fará parada en Cedeira este domingo 11 de Xuño ás 20.00 h, no Auditorio Municipal.

Ademais nesta ocasión, e tal como anuncia o Concello de Cedeira, “forman  parte dun espectáculo solidario e familiar como proposta da Asociación Sobre Rodas, que trae á banda de rock infantil A Gramola Gominola a Cedeira, coa que os nenos e nenas, pero tamén as súas familias, desfrutan dun concerto cheo de ritmo e cargado de divertimento. A Gramola Gominola ofrece música en galego entre son de guitarras, rock e, sobre todo, moita paixón”.

A Gramola chega con este segundo traballo cheo de cancións para desafinar. Música desenfadada para bailar a ritmo de rock, funk, gospel ou punk. Porque non hai idades nin barreiras para a música……así que a ROCKEAR! O libro-disco, editado por Ed Galaxia, está composto por 13 novos temas, orixinais e en galego, de novo con variados estilos musicais que xiran en torno ao rock: surf-rock, punk, rock, gospel, funk……

A banda, composta por Paco Cerdeira, Paula Romero, Anxo Sánchez e Rodrigo Muñoz, chega cunha renovada posta en escea. Temas novos que prometen gustar como “Canción para desafinar”, na que nos invitan a todos e todas a cantar e gozar da música e a súa aprendizaxe,  “A Fábrica de Carmela”, “A Avoa Fina” sobre as mulleres no rural galego,  “Pita Récords”… entre outros. Tamén incluirán neste novo directo os éxitos do anterior traballo como o “Campión Internacional”

A Gramola Gominola levan colleitando recoñecementos ao seu traballo, sendo nomeados como finalistas, con tan so dous anos dende o seu nacemento, en sendas edicións dos Premios Martín Codax da Música, nos anos 2016 e 2017, na categoría de Música Infantil

 

Entrada: 3€ nenos e 5€ adultos. Anticipada, chamando ao teléfono de Asociación Sobre Rodas 646 28 78 96, ou ese mesmo día en billeteira do auditorio.

Fotos de Alba Sotelo para O Salón do Libro

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s