O Concello de Cedeira contratará a sete desempregados con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

O goberno de Cedeira  coa axuda do Fondo de Compensación Ambiental (FCA)  contratará a sete desempregados por un periodo de tres meses e medio.

O alcalde, Pablo Moreda, sinalou que “a creación de emprego segue a ser a prioridade do goberno” e apuntou que “nós priorizaremos a contratación de persoal por enriba doutras actuacións ata onde nos permitan as bases destas subvencións”.

A Lei de Contratación prohibe aos Concellos contratar de forma directa.

Só lles está permitido cando esista esa posibilidade nas bases da subvención que están a percibir. Os sete novos empregos cubriranse ao través das bolsas de traballo que ten a propia administración local.

Cedeira recibirá un total de 91.941,64 euros procedentes do FCA, dos cales 45.937,44 son
para gastos de funcionamento.

Son estes cartos os que terán como destino a contratación dun técnico de medio ambiente -que traballará o 60 % da xornada- e seis peóns, que o farán a tempo completo.

Tarefas de mantemento e de promoción e defensa de zonas verdes e espazos naturais
do termo municipal son algunhas das obrigacións laborais que pasarán a ter estes novos empregados públicos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s