Os alumnos do CEIP “Nicolás del Río” colocan carteis con códigos Q para sinalar as Portas de Acceso á Cedeira Medieval

“Eu e o meu pobo”, é o nome dun proxecto educativo que aproxima aos alumnos de segundo de Primaria do colexio  “Nicolás del Río” á historia local dunha maneira participativa e divertida.

Esta semana a experiencia levou aos nenos a colocar uns carteis, feitos por eles e cun código Q impreso, nos lugares nos que antigamente estiveron as portas polas que se accedía á Cedeira medieval.

A Profesora  M. D. Carro Etchepare e a que esta á fronte  desta iniciativa.

Ela, xunto ao primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez , e o concelleiro de Educación, Rubustiano Labraña, acompañaron aos rapaces para sinalizar o número 5 da rúa Real, as inmediacións do mercado, a zona do Cristo e a intersección das rúas Escaleiras e Tetúan.

Nestes espazos atopabanse as portas denominadas da Vila, de Cartas, de Rebordelo e da Ribeira, esta última tamén chamada do Areal.

O goberno cedeirés agradece a colaboración dos donos das propiedades nas que foron
instalados os carteis e invita aos veciños da vila e da comarca a visitar eses lugares para descubrir as facetas máis descoñecidas da localidade, ademais de apoiar coa súa presenza o proceso formativo duns rapaces que están a descubrir a historia ao tempo que engrandecen a da localidade.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s