Cedeira acollerá no mes de xullo o “CAMPUS DE FÚTBOL” da Fundación da Fedeiración Española de Fútbol

A vila de Cedeira será este ano, entre os días 16 e 29 de xullo, sede do “Campus de Fútbol” da Fundación da RFEF (Real Federación Española de Fútbol), un feito que para o Concello “é un logro moi importante” pola posibilidade que se lles ofrece aos nen@s de aprender e gozar do fútbol e tamén por “ser escollido por diante doutros concellos con máis relevancia de poboación e recursos que o noso”.

O alcalde, Pablo Moreda,  entende que “tamén é unha oportunidade única para dar a coñecer o que a vila pode ofrecer as persoas que a visitan, desde lugares emblemáticos como pode ser o caso de San Andrés de Teixido, ata espazos naturais tan relevantes como son os cantís máis altos da europa continental, sen esquecer a gastronomía, as praias e e noso patrimonio monumental”.

O campus,  vai dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e 17 anos, desenvolverase en dúas quendas.

Así, haberá unha primeira do 16 ó 22 de xullo e outra, a partir do día 23 do mesmo mes.

O prezo é de 100 euros para os empadroados en Cedeira, e na provincia da Coruña e de 170 euros para o resto.

A inscrición pódese facer na páxina web da Federación Española de Fútbol (www.rfef.es), no teléfono 914959851 ou a través do correo ealvarez@rfef.es.

Ademais das actividades deportivas (táctica e técnica), os participantes levarán a cabo outras actividades máis relacionadas co ocio -excursións, praia e piscina- e poderán coñecer a xogadores e adestradores de recoñecido prestixio.

O colexio Nicolás del Río convertirase por uns días no lugar de aloxamento para os nenos que opten pola posibilidade de réxime interno.

Esta escolla leva incluído o almorzo, a comida e mesmo tamén a cea.

Os que elixan o sistema de réxime externo só terán dereito á comida.

Todos os participantes recibirán un diploma e unha evaluación técnica da RFEF, así como as equipacións utilizadas -tanto a oficial como a de adestramento-, fotografías e unha invitación da selección Española de Fútbol para visitar o Museo Mares de Cedeira, unha iniciativa local para mostrar a cultura relacionada coa mar e a pesca.

O Concello de Cedeira agradece a dispoñibilidade que en todo momento amosaron a dirección do Colexio Nicolás del Río e a Xefatura Territorial de Educación para a cesión das instalacións escolares.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s