O percebe, ademais de ser considerado por algúns como o rei do marisco, é o produto que ten como referencia a vila de Cedeira, unha condición que deu lugar, hai agora 16 anos, á principal festa grastronómica da localidade.
Este ano a cita será os días 29 e 30 do próximo mes de xullo, tal e como xa se anuncia no cartel.
Na publicidade dase todo o protagonismo ao crustáceo que está na orixe da celebración. Xunto a el, tamén se serviranse racións de polbo e empanada, nunha carpa situada no porto pesqueiro.
Inchables acuáticos na praia da Area Longa, música e xornadas informativas sobre o traballo de captura dos percebes no Museo Mares de Cedeira, son outros dos contidos dun programa que terá como anticipo a tradicional xornada de pesca infantil no porto pesqueiro. Esta última convocatoria será o día 28.
Un ano máis o Concello e a Confraría de Pescadores de Cedeira volven colaborar na organización dun programa que se converte nunha das principais referencias gastronómicas do verán.