II Concurso de Fotografia “Obxectivo Cedeira”

fotoconcurso

1ª PARTICIPANTES: Poderá participar no concurso calquera persoa física maior de 18 anos coa excepción dos membros do xurado e o seus familiares de ata segundo grao.

2ª TEMÁTICA: O tema será “Cedeira e o mar” .

3ª OBRAS: Cada participante poderá presentar un máximo de cinco obras, sendo estas orixinais e inéditas e non presentándose con anterioridade noutros concursos, ou publicacións en calquera medio dixital ou impreso.

Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso.

As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes. Permitiranse mínimas correccións de cor e luminosidade, en caso de dúbidas, o xurado poderá solicitar ao autor o arquivo Raw u orixinal para a súa comprobación.

4ª PRESENTACIÓN: As obras deberán ter un formato mínimo de 28x35cm e un máximo de 40x50cm e irán montadas sobre cartón pluma ou passpartout, e no dorso deberá figurar o título da obra.

Ademais deberán achegar en soporte informático en formato JPEG ou TIFF, a unha resolución mínima de 300ppp, e en RGB, as obras presentadas, sendo o nome do arquivo o mesmo que o título da obra.

5ª ENVÍO: As obras presentaranse no rexistro do Concello sinalando o seguinte
II Concurso Fotografía
Concello de Cedeira
Rúa Real, 15
15350 Cedeira (A Coruña)

Xunto coas obras remitirase un sobre para todas as fotografías presentadas por un mesmo autor. Dentro do sobre acompañaranse os seguintes datos do autor: Nome, apelidos, data de nacemento, enderezo, código postal, municipio, provincia, país, teléfono e correo electrónico e título/s das obras e o soporte informático sinalado na base anterior.

O Concello de Cedeira non se responsabiliza da deterioración producida no envío, polo que a embalaxe deberá ser o suficientemente resistente.

6ª PRAZO DE ADMISIÓN: O prazo para presentar as obras estará aberto do 26 de xuño ao 21 de xullo de 2017. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade a esta data.
7ª PREMIOS: Primeiro Premio: 600 euros, Segundo Premio: 300 euros e un Terceiro Premio de 100 euros.

8ª FALLO: O fallo do xurado producirase no mes de agosto de 2017 e será comunicado polo Concello aos premiados. Do mesmo xeito, o Concello difundirá esta información aos medios de comunicación, na súa páxina web e a través das canles que crea convintes.

9ª O XURADO: O xurado estará formado por dous fotógrafos profesionais e un representante do Concello nomeados mediante resolución da Alcaldía, que atendendo a criterios de creatividade e calidade técnica, seleccionarán obras finalistas para unha exposición nesta disciplina, das cales serán seleccionadas as obras premiadas. A apertura da devandita exposición coincidirá coa data do fallo.

10ª DEVOLUCIÓN DE OBRAS: As obras que non fosen premiadas poderán ser recollidas no Concello, durante os tres meses posteriores á data do fallo do xurado. Transcorrido ese tempo poderán ser destruidas sen dereito á indemnización polos participantes.

11ª DEREITOS DE AUTOR: As obras premiadas en soporte físico e dixital quedarán en propiedade do Concello de Cedeira que poderá reproducilas ou empregalas libremente sempre que faga constar o nome do autor/a.

A propiedade intelectual e autorías das obras serán sempre do autor/a. 

12ª PAGAMENTO DOS PREMIOS: Os premios serán aboados mediante transferencia bancaria aportando certificado de conta bancaria a nome do premiado, e cando proceda levarán consigo a retención en concepto de IRPF que resulte da aplicación segundo as normas contidas na normativa reguladora do imposto.

13ª ACEPTACION DAS BASES: A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Concurso Fotografia, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s