Volve o programa de Xeorutas

Despois do éxito alcanzado na súa primeira edición – só no mes de xullo do ano pasado 2016, participaron 170 persoas.

O Concello de Cedeira volve poñer en marcha este verán o programa de xeorutas, unha iniciativa da Concellería de Cultura e Turismo e subvencionada ao 70% polo Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (Galp), a Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Trátase do proxecto “Entre Arcos e Cantís” no que ademais de Cedeira, tamén participan os concellos de Ribadeo e Burela. A principal novidade que presenta este ano a actividade con respecto á do primeiro exercicio pasa por ampliar a catro as tres rutas iniciais.

Así, ás que xa se ofertaron o verán pasado- Praias Negras, dos Cantís e do Cromo– engádese unha nova, a xeoruta do Granate, que se deu a coñecer en Semana Santa coas primeiras saídas.

Esta nova experiencia discorre por un pequeno sendeiro que vai dende o santuario de San Andrés ata a enseada de Cortes. A distancia é de cinco quilómetros e a dificultade alta.

O programa arrinca esta fin de semana e estará operativo ata os primeiros dias do mes de setembro. No verán do 2016 leváronse a cabo un total de 33 saídas.

A concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez, sinalou que as rutas xeológicas de Cedeira son actividades de balde que “pretenden dar a coñecer o salientable patrimonio xeolóxico do concello” e lembrou que para participar hai que inscribires previamente, e podese facer ao través dos formularios dispoñibles no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es ou na web do Concello (www.cedeira.gal).

Tamén se pode facer de xeito presencial na oficina de turismo, sita na avenida Castelao (Palacete), teléfono 981 482 187. O número de participantes é de vinte nas rutas dos Cantís e do Cromo e de 15 nas dúas restantes.

O prazo de incrición comezará 15 días antes de cada xeoruta.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Sendeirismo, Traballo, Turismo, Turismo local, xeoparque, Xeorutas. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s