O Concello dí que as obras que se están a facer na praia “VAN MÁIS ALÓ” do acordado na última reunión

O goberno de Cedeira volveu hoxe a reiterar aos responsables da Demarcación de Costas en Galicia “o seu desacordo” con calquera obra que se realice na praia da Madalena sen contar cun proxecto construtivo e o seu correspondente estudio de impacto ambiental, exceptuando aquelas que se fagan por motivos de seguridade.

O executivo local entende que a intervención que se está a levar a cabo no areal “vai máis
aló” do endereitamento da empalizada de madeira e está a xerar novos movementos de area napraia, polo que só fai que “evidenciar o despropósito co que actúa a Demarcación de Costas”, responsable de todos os ‘desaguisados’ que se levan cometido na praia desde hai máis de 20 anos”.

O goberno menciona os acordos no seu día asumidos polos responsables da Demarcación de Costas cos membros da Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira -na que o Concello tamén está representado- que ían nunha dirección totalmente oposta aos feitos que agora se están a dar no areal.

Entre eles, o compromiso de quedar á espera da aprobación dos orzamentos do Estado
para apostar pola recuperación integral da praia da localidade.

Nesta mesma xuntanza o alcalde, Pablo Moreda, manifestoulle ao xefe da Demarcación
de Costas en Galicia, Rafael Eimil, a súa predisposición para viaxar a Madrid e falar cos responsables do Ministerio de Medio Ambiente co fin de explicarlles a gravísima problemática na que se atopa o areal Madalena e para solicitarlles a máxima urxencia posible á hora de dotar económicamente a partida para facer o proxecto construtivo, co seu correspondente estudio de impacto ambiental, para poñer en valor o citado espazo costeiro. O ofrecemento, tal e como recorda o alcalde, foi moi ben acollido por Eimil, “quedando pendente por parte deste a cita no Ministerio”.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s