O Campus de Fútbol da Federación Española de Fútbol xuntará a 135 nenos na Vila de Cedeira

Un total de 135 nenos, con idades comprendidas entre os 7 e 17 anos, tomarán parte no Campus de Fútbol da Fundación da RFEF que o próximo domingo arrincará na vila de Cedeira. Trátase da primeira vez que se celebra no municipio unha convocatoria destas características, polo que desde o Concello destácase tanto a responsabilidade que representa como a oportunidade que significa de cara ao sector turístico.

Os participantes chegarán en dúas quendas: do 16 ao 22 de xullo será a primeira e do 23 ao 29de xullo, a segunda.

Durante a súa estadía en Cedeira os rapaces levaran a cabo distintas actividades de ocio ademais das relacionadas co mundo do futbol (táctica e técnica).

O colexio Nicolás del Río convertirase durante uns días na residencia duns nenos que tamén aproveitarán o seu paso pola vila para coñecer lugares tan emblemáticos como a serra da Capelada ou santuario de Santo André de Teixido, así como as praias e a gastronomía local.
A clausura terá lugar o día 28 e, segundo a información facilitada pola Federación Española de Fútbol, o acto contará coa presencia do xogador Joan Capdevila -campión da Eurocopa do 2008 e lateral esquerdo nos equipos do Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña e Español e do preparador físico Jesús Paredes, man dereita do seleccionador nacional, Luis Aragonés.
Os participantes recibirán un diploma de asistencia, unha evolución técnica da RFEF, a equipación oficial e de adestramento, fotos de recordo e unha invitación para visitar o Museo da Selección Española de fútbol.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Deportes, Fotos de Cedeira, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s