O Concello de Cedeira informará aos veciños por Whatsapp

concelloO Concello de Cedeira pon en marcha un novo sistema de información
á cidadanía: “Cedeira Informa”.

Trátase dun servizo municipal áxil, rápido e sen custopara os usuarios a través do cal a veciñanza recibirá vía Whatsapp avisos, novas, incidencias ou aaxenda de eventos de xeito directo e próximo.

A información enviarase entre as 10.oo e as 20.00 horas, de luns a domingo. Este servizo poñerase en marcha mañá venres, 14 de xullo.

Para darse de alta, os interesados deberan gardar na lista de contactos o número 604 024 266 co nome “Cedeira Informa” e mandar un whatsapp a este contacto co texto “Alta información Concello de Cedeira”.

Enviaráselle ao usuario unha mensaxe confirmando a súa alta, e a partir dese momento comezará a recibir os contidos.

Para coñecer todos os datos relativos a este novo sistema tamén se pode consultar a web municipal (www.cedeira.gal).

Con esta iniciativa, o Concello de Cedeira mantén o seu compromiso coa mellora das canles de participación, comunicación e información da veciñanza, facilitando o seu coñecemento de novas de interese e actualidade municipal, segundo se pon de manifesto desde o equipo de goberno.

Aproveitar as novas tecnoloxías para seguir avanzando no desenvolvemento da relación
coa cidadanía, mellorar o coñecemento dos servizos públicos e, polo tanto, a súa xestión segue a ser unha aposta constante do goberno local.

Dende o inicio do mandato lévase avanzado moito neste sentido coa posta en marcha de diversas ferramentas de información á veciñanza.

Ademais deste novo servizo “Cedeira Informa”, o Concello puxo en funcionamento hai un ano a nova páxina web (que se vai ampliar proximamente coa nova sección de turismo), cun formato máis moderno e accesible.

Tamén estase a desenvolver un portal de transparencia, onde os veciños poden atopar información de interese sobre o Concello, e ampliouse a presenza municipal nas redes sociais.

Unha aposta pola modernización e a participación na que o goberno seguirá traballando, segundo apuntan os seus responsables.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s