Aprobada o remanente polo importe de 539.897 euros, no pleno celebrado onte no Concello de Cedeira

A corporación municipal de Cedeira celebrou onte o pleno correspondente ao presente mes de xullo, unha sesión que arrincaba pasadas as oito da tarde e na que saíron adiante temas de moi diferente contido.

A aprobación dun remanente de tesourería, por importe de 539.897,77 euros, foi uns dos que espertou maior interese. O acordo saiu adiante co apoio do equipo de goberno.

O 42% da citada cantidade emplearase en amortizar a débeda, o que vén sendo case 227.000 euros.

Os restantes 312.952 euros serán utilizados para facer fronte aos gastos derivados de novas inversións e iniciativas. Así, o primeiro pago para a adquisición do edificio das sindicais (24.396,44 euros), a reparación de pistas (123.760,46 euros), a reposición de alumeado (30.000 euros) e a reforma da estación de autobuses encentro municipal da xuventude (25.000 euros) son algunhas das partidas previstas. A compra dun terreo en San Antón (10.000 euros) e gastos relacionados coas festas patronais (19.000 euros) son outras das inversións que o goberno de Cedeira financiará con cargo a esta partida.

En canto á amortización da débeda, o executivo local considera que é “de responsabilidade” utilizar un resultado tan favorable no económico para tratar de reducir os compromisos financeiros, unha postura que levará ao Concello a liquidar a débeda relacionada co proxecto de ampliación da biblioteca municipal.

A corporación tamén aprobou, neste caso por unanimidade, a tramitación dunha subvención diante do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para a substitución de 2.138 luminarias convencionais por outras con sistema Led.

Trátase, segundo o goberno, de apostar polo medio ambiente, por diminuír custos enerxético e contribuír a unha rebaixa da contaminación lumínica.

Esta medida completaríase coa reforma dun total de 50 cadros eléctricos do sistema público de alumeado.

O importe de ámbalas dúas intervencións é de 1,4 millóns de euros, unha cantidade que sobrepasa en moito a capacidade económica do Concello e da que a administración local só tería que poñer un 20% no caso de resultar aprobada a solicitude.

O pleno aprobou ademais as bases da subvención para gastos de funcionamento das Escolas de Música de Cedeira.

Con dito acordo pásase do modo directo aplicado ata agora á fórmula de concorrencia competitiva para a referida axuda.

Trátase dunha convocatoria aberta a todas as asociacións culturais municipais inscritas no Rexisto de Asociacións do Concello de Cedeira.

Tamén saiu adiante a moción de apoio ao veciño e exdirixente sindical Xesús Anxo López Pintos,  rexeitando a aplicación da chamada “lei mordaza”.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s