Exposición no Castelo da Concepción de Cedeira das fotografías gañadoras do concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017.

Foto: Asoci. Camiño Santo André de Teixido

As 12 obras estarán no Castelo da Concepción ata o vindeiro  31 de agosto e poden visitarse de martes a domingo

A Asociación Camiño a Santo André de Teixido organiza unha exposición no Castelo da Concepción de Cedeira coas fotografías gañadoras do concurso Camiño a Santo André de Teixido 2017.

Os traballos poderán visitarse ata o vindeiro 31 de agosto nunha sala do Castelo no seguinte horario: de  martes a sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas; e o domingo de 17:00 a 20:00 horas.

A mostra recolle as doce fotografías premiadas neste certame, ao que concorreron un total de 140 traballos. O xurado elixiu de entre todas 35 obras finalistas e, na deliberación, optou por deixar deserto o primeiro premio para repartilo en seis accésit, o que elevou a 12 o número de galardóns.

Esta é a primeira exposición que se fai cos traballos gañadores. Non obstante, o obxectivo é que a mostra sexa itinerante, para fomentar a difusión das rutas de peregrinación que levan a Teixido. Por iso, a Asociación Camino a San Andrés de Teixido está a traballar en novas localizacións para esta exposición, que se poderá ver noutros lugares do país pasado en verán. Está previsto, ademais, que se expoñan tamén os traballos finalistas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Exposicións, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s