86 Rapaces van a participar na primeira quenda do “Campus de Fútbol” da Fundación RFEF

Un total de 86 nenos están xa na vila de Cedeira para participar no Campus de Fútbol da Fundación da RFEF. Son os rapaces da primeira quenda das dúas previstas. Finalmente serán 135 os nenos que se achegarán a dito deporte dunha maneira divertida pero profesional.

Os participantes foron recibidos pola primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez, concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, e a concelleira de Servizos Sociais, Manuela López.

 O programa oficial comezará hoxe cun adestramento de fútbol, actividades na piscina e unhasaída en grupo para despedir esta primeira xornada das seis que durará a experiencia.
Durante a súa estancia en Cedeira os rapaces levaran a cabo distintas actividades de ocio ademais das relacionadas co mundo do futbol (táctica e técnica). As instalacións deportivas municipais-pavillón e piscina- e o colexio Nicolás del Río, este último como residencia, serán durante os próximos días os centros de referencia dunha actividade que tamén levará aos nenos a coñecer os cantís máis altos da Europa continental, o santuario de Santo André de Teixido ou o Museo “Mares de Cedeira”.

Este primeiro grupo permañecerá na vila ata o día 22 para, despois, darlles o relevo aos rapaces que estarán ata finais do mes.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s