A Asociación “Amigos dos Ríos” e o Concello de Cedeira, colaboran na limpeza do Río Condomiñas

AcearioAs condicións nas que se atopa o río Condomiñas no seu tramo máis urbano leva outra vez ao Concello cedeirense e máis á Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira a organizar para o sábado (día 22), unha nova campaña de limpeza.

Nesta ocasión, a tarefa levarase a cabo entre o muíño das Aceas e o punto limpo, zona na que nestes días foron atopados dende neumáticos de coches ata envases plásticos e botellas de cristal.

O concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, invita á veciñanza a participar unha iniciativa que dará comezo ás 11.00 horas. O lugar de encontro será o muíño.

Plimpo
O Concello, que conta coa autorización a Augas de Galicia, porá a disposición dos participantes os contedores e bolsas suficientes para almacenar os refugallos, se ben eles terán que levar botas e guantes. A actividade non se prolongará máis alá das dúas da tarde.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, O Rural, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s