O Concello de Cedeira estrea novo contido para o Turísmo na súa paxina web

O Concello de Cedeira impulsa o sector turístico coa posta en funcionamento, hoxe mesmo, dun portal específico na páxina web institucional (www.cedeira.gal).

A golpe de clic os interesados poden acceder a todolos contidos necesarios para ter unha
visión ampla e completa dos recursos e  posibilidades que o municipio ofrece cara aos visitantes.

Co marco de fondo das imaxes máis turísticas da vila, o portal “Cedeira Turismo” acolle no seu interior diferentes apartados para coñecer a ubicación e o horario da oficina de turismo, realizar descargas para o móbil ou a tableta que facilitarán as visitas guiadas pola vila ou deixar as súas suxestións nunha caixa de correo para que poidan terse en conta polos responsables municipais.

“Coñece Cedeira” é a mellor ferramenta para entrar en contacto coa oferta máis turística do concello. A localización e características das praias, saber como chegar aos mellores miradores e acercarse á historia de Santo André de Teixido son alguns deses recursos que poden axudar aos visitantes a gozar da súa estancia na vila e a facela máis interesante e completa.

Un rueiro e alguns nomes de lugares nos que comer ou durmir tamén forman parte desde novo proxecto co que o goberno local quere mellorar a súa presencia dentro do sector turístico.

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Museo Mares de Cedeira, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s