Os día 29 e 30 de Xullo celebrase en Cedeira a XVI Festa do Percebe – “O Sentir Mariñeiro”

percebe

A Confraria de Pescadores de Cedeira coa colaboración do Concello, volven a celebrar unha nova edición ,da Festa do Percebe, e xa van dezasies,  que terá lugar no porto pesquerio da vila mariñeira.

A cita terá lugar a próxima fin de semana.

O programa mantén os contidos de pasadas edición: boas e abondosas viandas, actuacións musicais de moi diferentes estilos e ganas de pasalo ben. A explanada do porto pesqueiro acollerá a cita. A festa arrincará o venres día 28 coa celebración da xa tradicional xornada de pesca infantil, que dará comezo ás cinco da tarde e que terá como referencia a zona portuaria. Todos os participantes recibirán diploma. A actividade, tanto a do sábado 29 como a do domingo 30, estará centrada na exaltación do rei do marisco.

A Confraría de Pescadores aportará os produtos a consumir e farase cargo das infraestruturas, incluída a carpa que acollerá o popular xantar. O pósito prevé a elaboración dun total de 4.000 racións, das que 1.800 serán de percebes, 1.200 de polbo á galega e as 1.000 restantes de pastelón de Cedeira (este último de sardiñas, bacalao e bonito).

En ámbalas dúas xornadas, a degustación terá un horario continuado. O sábado, de 12.00 a 00.00 horas e o domingo, de 12.00 a 22.00 horas. Por outra banda, o Concello, ademais da publicidade, asume os gastos da contratación dos grupos musicais e dos inchables que se instalarán na praia de Area Longa para que os máis cativos tamén teñan o seu propio espazo.

A charanga Santa Compaña amenizará o mediodía do sábado, mentras que pola noite actuará o grupo “Os Claretes”; e o domingo, “Buxainas”, nas horas centrais do día, e a Asociación” As Aturuxeiras”, ás 18.00 horas.

propercebe01

Todas as actuacións terán lugar na explanada do porto, na que hai unha amplia zona para os estacionamento de vehículos. Con todo, o Concello financiará este ano como novidade o funcionamento dun tren turístico para achegar aos visitantes desde a praza de Galicia ata o recinto festivo.

Desta maneira, trátase de evitar problemas de desprazamentos e de tráfico pola estrada do porto.

Coincidindo coa Festa do Percebe arrincará o escaparate dixital do proxecto “O sentir mariñeiro”, unha iniciativa participada tanto o Concello como pola Confraría de Pescadores e financiada nun 75% con cartos da Unión Europa, a través do Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

A partir de mañá, día 22, entrará en funcionamento a páxina web http://www.osentirmarineiro.com, na que se recollerán as experiencias turísticas que se están a levar a cabo no territorio en función da súa riqueza mariñeira. A Festa do Percebe é unha delas. Desde a Confraría local tamén se recorda que estará abierto ao público, ámbalas dúas xornadas e desde as doce do mediodía, o Museo Mares de Cedeira, que nestas datas celebra o seu primeiro aniversario. O museo está nos baixos do pósito cedeirense. A concelleira de Cultura, María Xosé Rodríguez, invita a veciños e visitantes a pasar unha fin de semana diferente descubrindo a vila e degustando “os mellores percebes do mundo, que son os de Cedeira”.

PercebeCedeira

PERCEBE DE CEDEIRA

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa do Percebe 2017, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Museo Mares de Cedeira, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.