Xa están na rúa os números de xullo dos boletíns “AS7PARROQUIAS”, “SON DE CEDEIRA” e “EN MARCHA”.

A aprobación, por parte do Consorcio Galego de Servizos deIgualdade e Benestar, do proxecto da ampliación da escola infantil; a demanda á Demarcación de Costas para a retirada de refullagos da base do noiro da praia e a localización de restos de orixe  castrexo no Campo do Castro son só algúns dos artigos recollidos no número de xullo do boletín “As7parroquias”, unha publicación que o goberno municipal xa está a repartir entre todas as familias do concello.

A imaxe de alumnos do colexio Nicolás del Río ao volante de karts serve para ilustrar a celebración dunhas xornadas realizadas no centro sobre seguridade viaria, unha experiencia moi interesante desde o punto de vista didáctico pero tamén moi entretida a dicir dos cativos.

Memoh29

Foto: Juán Antonio Fernández (Curro), fillo do último alcalde republicano de Cedeira.

O recordo ás vítimas do réxime franquista e a celebración dun curso para formar a futurosguías locais son outros dos temas incluídos nun boletín que este mes, ademais, coincide coa publicación do adicado á cultura “Son de Cedeira” e o deportivo.

Este último leva por título “EnMarcha”, e nesta ocasión, está enchido de instantáneas capturadas durante a celebración da última Gala do Deporte, unha edición moi especial ao contar coa presencia do xogador, adestrador e seleccionador nacional de fútbol, Vicente del Bosque.

Entrevistas aos principais protagonistas da velada, incluída a do invitado estrela, tamén forman parte dos contidos da revista.

Pica nos enderezos para velos boletíns

boAs7 Parroquias                   DeporEnMarcha 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s