O BNG acusa ao Goberno galego de non ter solucionado a situación da estrada de Cedeira

Critica que a poboación está condeada ao illamento

A perigosa situación na que se atopa a estrada AC-556 no tramo que une os concellos de Valdoviño e Cedeira, leva anos sendo denunciada por usuarios e institucións. O BNG alerta da situación xa que considera que hai unha falla de compromiso por parte da Xunta para dar cunha solución urxente aos problemas da zona nomeada como curvas de Landeira.

 Na última reunión da Consellería de Infraestruturas cos representantes dos concellos afectados anunciouse, en nome do Goberno autonómico, que se comezaría a estudar un proxecto para eliminar as curvas do tramo, indican os nacionalistas. Pero denuncian a falta de concreción do goberno ao que acusa dunha falta grave de compromiso coa seguridade viaria e dunha ausencia de sensibilidade coa poboación de Cedeira, á que esta estrada condea ao illamento, xa que moitos dos seus habitantes vense na obriga de percorrer esta estrada diariamente.
Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s