Promovido pola Fundación da Real Federación Española de Fútbol, vén de celebrarse na vila desde o día 16 deste mes.
Na actualidade un total de 52 nenos e catro nenas participan na segunda quenda dunha actividade que coordinan José Manuel Teijeiro como responsable do Campus e David Pérez como representante da Federación.
O acto de clausura dará comezo ás 18.00 hora e contará coa presenza do alcalde de Cedeira, Pablo Moreda; do xogador Joan Capdevila -campión da Eurocopa do 2008 e lateral esquerdo nos equipos do Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña e Español- e do preparador físico Jesús Paredes, man dereita do que foi seleccionador nacional, Luis Aragonés.
Todos os nenos participantes recibirán un diploma de asistencia, unha evolución técnica da RFEF, e as equipacións oficiais e de adestramento, ademais de fotos de recordo.
A convocatoria da RFEF deu lugar á participación dun total de 145 nenos con idades comprendidas entre os 7 e 17 anos.
Durante a súa estadía en Cedeira os rapaces levaran a cabo distintas actividades de ocio así como outras relacionadas co mundo do fútbol (táctica e técnica).