O Campionato de pesca Infantil, abriu onte a “XVI Festa do Percebe” de Cedeira

A celebración do, xa tradicional Campionato de Pesca infantil, abriu na tarde de onte, venres, a edición número 16 da Festa do Percebe, unha convocatoria na que Concello e Confraría de Pescadores marchan da man para dar a coñecer o municipio en base aos seus recursos pesqueiros. É o denominado proxecto “O sentir mariñeiro”, financiado nun 70% con cartos de Europa a través Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.

Porto de Cedeira, onde se celebra a ” XVI Festa do Percebe”, xullo 2017

O programa previsto para as dúas seguintes xornadas arrincará ás doce do mediodía do sábado coa apertura da degustación da que o percebe será o rei pero na que tamén se porán á venda racións de polbo á galega e pastelón de Cedeira. Esta última é unha especialidade local que se poderá consumir nas variedades de sardiña, bacalao e bonito. En total serán un total de 4.000 racións individuais as que se poñerán á venda a prezos populares, segundo se pon de manifesto desde o pósito local.

O horario da degustación será de 12.00 a 00.00 horas.

Unha carpa situada no porto pesqueiro acollerá a celebración, tanto a relacionada coa cita gastronómica como a que se refire as actuacións musicais. A charanga Santa Compaña amenizará o mediodía do sábado, mentras que pola noite actuará o grupo “Os claretes”, a partir das 21.30 horas na zona portuaria. Haberá inchables na praia de Area Longa e a posibilidade de utilizar de forma gratuíta un tren turístico para achegar aos visitantes desde a praza de Galicia ata o recinto festivo. Nas súas inmediacións tamén hai existe un aparcadoiro.

O domingo actuarán Buxainas e a Asociación As Aturuxeiras e o horario da degustación será desde as doce ata as dez da noite.

O Museo Mares de Cedeira, que nestas datas celebra o seu primeiro aniversario, tamén abrirá as súas portas nas dúas xornadas, cun programa que se pode consultar a través da páxina web http://www.osentirmarineiro.com.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa do Percebe 2017, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s