O Consistorio Cedeires insiste na necesidade de mellorar os resultados da Recollida selectiva

O Concello de Cedeira está a levar a cabo unha campaña de sensibilización entre a veciñanza para apostar pola separación de lixo en orixe coa fin de mellorar os resultados que se están a dar e de tratar de rebaixar costes á administración local.

Esta iniciativa consiste na distribución en comercios, entidades e vivendas dunha publicidade na que se recorda que hai que separar ben para reciclar mellor e que a colaboración de todos é un xesto solidario a prol da comunidade e do medio ambiente.

Esta medida tamén coincidiu coa celebración a pasada fin de semana dunha nova campaña de limpeza do río Condomiñas, a terceira que se realiza en dous meses.

A pesar das dúas anteriores, o traballo voluntario de veciños e socios da Asociación Amigos dos Ríos volveu a sacar á luz tubos de escape, tambores de lavadoras e moitos máis obxectos enferruxados que ata agora se atopaban no leito do Condomiñas.

Desde a concellería de Medio Ambiente anuncian que haberá máis iniciativas como as xa realizadas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s