Medio Ambiente anunciou a licitación da primeira fase do proxecto de intervención na rede municipal de saneamento

No marco do convenio de colaboración asinado entre o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda e  a concelleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, en xullo de 2016 para tratar de mellorar o tratamento de augas residuais no municipio.

Medio Ambiente anunciou onte, a través do Diario Oficial de Galicia, a licitación da primeira fase do proxecto de intervención na rede municipal de saneamento da localidade, con cargo a un investimento de 733.650,71 euros, cantidade que será aportada entre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente,  acometerase a construción dunha nova rede separativa de pluviais a fin de liberar os actuais colectores para o transporte exclusivo das residuais.

Esta intervención completarase coa reposición dun tramo do colector que parte do polígono industrial da Xunqueira e descorre en paralelo á ribeira co río.

Desta xeito, trátase de evitar posibles filtracións no terreo e nos pozos existentes na zona. O prazo de execución previsto é de nove meses e as empresas que poidan estar interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 19 do próximo mes de outubro.

O equipo de goberno de Cedeira, valorou moi favorablemente a decisión adoptada pola Xunta, recorda que un dos obxetivo do executivo local para o presente mandato é mellorar o funcionamento da rede de separativa na vila e dotar de saneamento ás parroquias para así contribuír á conservación do medio ambiente e incrementar a calidade de vida da veciñanza.

Esta política, que este ano xa deu lugar á mellora realizada na rúa As Pontes de García Rodríguez, supón unha inversión no seu conxunto de 1.133.500 euros, unha cantidade destiñada á execución dun total de cinco grandes proxectos. Ademais do xa executado, están incluídos os que levarán a cabo nas Pontigas, en Casal de María e Vila do río e nas rúas Paz, Silva e Floreal.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s