A Escola de Teatro de Narón actuará o sábado 25 no Auditorio

A Asociación de Maiores de Cedeira organiza para este sábado unha representación teatral.

A función correrá a cargo da Escola de Teatro do Concello de Narón e a obra a representar leva por título “Será por camiños”.

O auditorio municipal acollerá a posta en escena dunha peza que levará ao espectador ata o século XIII para contar unha historia vencellada ao camiño de Santo André.

Renata de Castro é unha das protagonistas, xunto con Gaspar, un xograr, que coma ela estaba a vivir no mosteiro do Couto e con quen decide fuxir para evitar un matrimonio de conveniencia.

Trátase dunha obra escrita por José Prieto e Manuel Areoso. Os actores actuarán baixo a dirección de Celia González.

O Concello de Cedeira, a Deputación da Coruña e o Teatro da Vila colaboran na celebración dun acto que dará comezo ás seis e media da tarde.

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Teatro, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.