O Alcalde e máis á concelleira de Turismo e Cultura, María Xosé Rodríguez , reunironse co xerente da área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva.
Os argumentos, á hora de reivindicar a actuación, foron os mesmos que no mes de
outubro xa deron lugar á unha concentración dunhas 300 persoas: a falta de espazo e a necesidade de equiparar as prestacións médicas ás necesidades reais da poboación. Entre outras cousas que urxe mellorar, os responsables municipais enumeraron desde obras de accesibilidade e melloras no arquivo e no almacén ata equipamentos e novos servizos. Con respecto a estes últimos, a petición do Concello de Cedeira pasa pola reubicación da consulta de pediatría, pola creacióndunha sala para cirurxía menor e pola posta en funcionamento do servizo de rehabilitación.
Facio Villanueva explicou que existen “posibilidades reais” de que a ampliación do centro desaúde de Cedeira entre a formar parte do plan funcional que a área sanitaria de Ferrol presentaráen xaneiro á Xunta de Galicia co fin de programar as actuacións a levar a cabo ao longo do próximoexercicio. Facio recoñeceu as limitacións que a día de hoxe presentan as instalacións actuais.
O alcalde de Cedeira asegurou que desde a administración localcolaborarase en todo aquelo que sexa necesario para levar a cabo a ampliación do centro de saúde, por tratarse dunha prioridade tanto para o goberno como para á veciñanza. Ademais do chan que o Concello comparte coa Consellería de Medio Rural, o incremento da capacidade actual do centro médico tamén pasa pola ocupación do antigo edificio das sindicais.