O Concello de Cedeira está a piques de completar a colocación de luminarias de tecnoloxía led desde a ponte vella ata o casco vello.
O equipo de goberno vén de adxudicar á empresa Hallmann Energy, por importe de 14.821,48 euros, a substitución de 42 luminarias máis de vapor de socio (VSAP) por outras menos contaminantes e máis eficientes tanto desde o punto de vista do consumo como do aforro enerxético.
Esta actuación completa a executada hai poucas datas nas rúas Ezequiel López, Mariñeiro e Real.
Nesa anterior ocasión foron 69 puntos de luz e o investimento superou os 27.000 euros.
O goberno reitera o seu compromiso co medio ambiente e mesmo tamén coa optimización
dos recursos públicos, unha política encamiñada a obter unha reducción da cantidade de enerxía consumida, que pode chegar a ser dun 70%, para un mesmo nivel de actividade. As luminarias de tecnoloxía led non teñen mercurio e alcanzan unha maior vida útil.
O Concello acomete estas obras a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA).