O Parlamento de Galicia apoia a iniciativa de ampliar o Centro de Saúde Cedeirés

Todos os grupos do Parlamento de Galicia aprobaron unha iniciativa do executivo local pola que se insta á Xunta de Galicia “a dialogar co Concello de Cedeira sobre os servizos de asistencia sanitaria dispoñibles no municipio e a posibilidade de chegar a acordos sobre a mellora do centro de saúde e a súa ampliación”. O acordo adoptouse o día 21 deste mesmo mes na comisión de Sanidade, Política Social e Emprego da Cámara galega.

Na súa demanda, o goberno de Cedeira explica os motivos, o fundamental a falta de espazo
e servizos dos que adoece o actual centro de saúde, e tamén apunta a solución, que pasa pola compra dun edificio anexo ao actual para facer viable a ampliación do mesmo.
Nesta dirección desde o equipo de goberno se recorda así mesmo que o Concello ten manifestado en reiteradas ocasións a súa boa disposición, de feito xa ten iniciados os trámites, cara á compra dese segundo inmoble propiedade da Xunta e máis da administración local para, a continuación, cedelo nas condicións que a Consellería de Sanidade solicite para facer investimentos (sen edificacións, libres de cargas e coas condicións necesarias para iniciar as obras), tal e como figura na iniciativa parlamentaria. Un acordo neste sentido non só daría lugar á ampliación do centro e servizos médicos de Cedeira senon tamén á mellora das prestacións sanitarias no conxunto da comarca, segundo as consideracións do executivo cedeirense.

A ampliación do centro de saúde estase a converter nunha das prioridades do equipo de goberno de Cedeira dentro do presente mandato. Só nos últimos meses o asunto levou aos responsables municipais a manter reunións de traballo co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e máis co xerente da área Sanitaria de Ferrol, Ángel Facio Villanueva. Agora, estase á espera do encontro solicitado o día 28 de setembro co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.

En todos os casos as intencións do goberno local pasan pola adquisición da propiedade que o Concello comparte coa Consellería de Medio Rural co fin de incrementar ata un 40% a actual capacidade do actual centro médico.

 

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.