O Concello de Cedeira dá a coñecer o seu Patrimonio Arqueolóxico

O patrimonio estará moi presente nas próximas xornadas no día a día da xente da vila. Será o venres, día 26, cando o Concello de Cedeira dará a coñecer o vídeo da riqueza geolóxica do municipio, un traballo que leva por nome “Cedeira xeolóxica” e
vinculado á participación de Cedeira no proxecto “Entre arcos e cantís”.

Trátase dunha aposta polo ecoturismo financiada a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de A Mariña-Ortegal na que tamén están presentes os municipios de Ribadeo e Burela.

De feito, no acto previsto para o venres -que será ás 20.00 horas no auditorio municipal- tamén se pasará o traballo audiovisual conxunto.

A segunda cita co patrimonio local terá lugar ao día seguinte, o sábado 27. Neste caso, consistirá na proxección do vídeo no que se recollen os traballos arqueolóxicos levados a cabo no Campo do Castro e que tan bos resultados deron coa localización da quinta “pedra formosa” de Galicia.

O acto dará comezo ás 12.00 horas e será no auditorio. No mesmo participará o arqueólogo Emilio Ramil, responsable do grupo que tomou parte na excavación, que explicará os contido dunhas imaxes recollidas por Alejandro Ramil Blanco, así como a importancia dos restos alí atopados.

Desde o goberno de Cedeira invítase á veciñanza a secundar coa súa presenza a celebración duns actos convocados coa finalidade de aproximar aos veciños ao coñecemento dunha riqueza que debe servir de orgullo aos habitantes da vila e de recoñecemento por parte das persoas que a visitan.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Excavacions Arqueolóxicas, Exposicións, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Patrimonio Arqueolóxico, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.