Programa de actividades do Concello de Cedeira durante o presente ano 2018

O obradoiro de memoria e as clases de pintura darán comezo este venres en Cedeira e nos próximos días acontecerá o mesmo coas outras tres actividades previstas polo Concello para o presente ano.

Trátase dos talleres e clases que, organizadas desde as concellerías de Servizos Sociais e Cultura, buscan xerar un benestar físico e social entre o colectivo da Terceira Idade así como incrementar os coñecementos en manualidades en xente de todas as idades.

O programa inclúe, ademais dos obradoiros de memoria e pintura, ximnasia terapéutica, manualidades e baile activo para maiores de 65 anos.

A Xunta de Goberno aprobaba onte os cinco contratos que garanten o desenvolvemento destas actividades ata un total de oito meses e medio, nalgúns casos.

O importe das adxudicacións ronda os 20.000 euros. O obradoiro de memoria correrá a cargo de Marta López Villar. As clases terán lugar os luns e venres en Cedeira (as 16.00 e as 17.30 horas), en Esteiro-Sisalde serán os martes (16.00 horas) e mércores (17.15 horas) e en Esteiro-Sas, os mércores e xoves, a partir das catro da tarde.

No caso de Montoxo, a iniciativa impartirase os martes e xoves, ás 17.15, mentres que en Santalla será os martes e xoves, ás 18.30 horas. A devandita programación prolongarase ata o mes de xuño.

Da ximnasia terapéutica impartiranse un total de 16 horas semanais entre o auditorio de Cedeira e os centros sociais de Santalla e Montoxo. As clases serán sempre os mércores en horario de 12.00, 10.45 e 9.30, respectivamente.

O programa estará activo de febreiro a xuño para se retomar no mes de setembro ata finalizar o ano. A Clínica de Fisioterapia Penamoura foi a adxudicataria desde contrato. Andrés Urritia Beato será o pintor local que volverá a estar á fronte das clases de pintura que xa son todo un clásico dentro da programación cultural do Concello de Cedeira.

Este calendario dará comezo este mesmo venres en Montoxo, donde a actividade impartirase en horario de 18.30 a 21.00 horas. Cara á próxima semana e ao longo de todo o curso, a terceira planta das vivendas sindicais acollerá unha iniciativa que se levará a cabo os luns e martes, de 10.00 a 13.00 horas; os mércores, de 18.30 a 21.30 horas, e os xoves de 19.00 a 21.30 horas. As tardes dos venres están reservadas para o alumnado no CEIP Nicolás do Río, mentres que en Santalla impartirase todos os mércores, entre as catro e as seis da tarde.

En canto á actividade de manualidades cabe apuntar que serán 16 horas semanais. O baixo da praza da Rectoral acollerá as clases, que serán impartidas pola empresa Servicios Deportivos Galicia, os martes e venres, a partir das sete da tarde.

A inscrición debe facerse no Palacete. O Concello tamén contratou a Ivana Giustozzi para dar o programa de baile activo dirixido ao colectivo da Terceira Idade, que achegará a súa programación os luns, martes e xoves á sala Áncora, en horario de 11.00 y 12.00 horas.

Serán doce horas á semana. Manuela López Rodríguez, a concelleira delegada de Servizos Sociais, considera que este tipo de actividades son moi convenientes, sobre todo entre a xente maior, para que saia da casa e confraternice con persoas da súa mesma idade.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Cursos, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.