foto: BoababTeatro
A compañía BoababTeatro representará este sábado no auditorio de Cedeira a obra “Pum Pum”, “unha peza teatral acolledora, chea de tenrura e moita maxia”.
A función dará comezo ás sete da tarde. Todo o espectáculo é con música orixinal interpretada en directo.
A dirección corre a cargo de Óscar Ferreira, o guión é de Andrea Bayer que, xunto ao actor Davide González, tamén se subirá ao escenario para representar unha peza na que se fala de historias cotiás que lles pasan aos nenos e nenas.
Esta actividade obedece ao acordo asinado polo Concello de Cedeira coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) para a promoción da cultura galega.
Entrada: 2,5 €
Achegádevos!!